ENERinTOWN logo

Instituto Enerxético de Galicia (INEGA)

Durante os anos 2006, 2007 e 2008, o INEGA esta a participar xunto con diferentes organizacións de España, Italia, Irlanda, Portugal, Francia, Lituania, Alemaña e Grecia no proxecto Enerintown.

O proxecto consiste no deseño e posta en marcha dun sistema de monitorización dos consumos enerxéticos das instalacións municipais a través da internet.

Neste senso, dende o ano 2006 leváronse a cabo as seguintes actividades:

a)    Elaboración dun modelo de convenio que deberá asinarse coas autoridades municipais seleccionadas por cada un dos socios.

b)    Sinatura dos convenios de colaboración cos concellos que participarán no proxecto: Santiago de Compostela, Maceda, Meaño e Monterroso.

c)    Organización nas dependencias do INEGA, dun Curso de Xestor Enerxético Municipal para os técnicos dos concellos que participan no proxecto. Creación da figura do Xestor Enerxético Municipal.

d)    Elaboración dunha guía para o deseño e construción de edificios empregando criterios enerxéticos, a cal estará rematada no ano 2007 e se enviará a todos os concellos de Galicia.

e)    Instalación dos equipos de medida dos consumos de enerxíaeléctrica e térmica nos dos doce centros municipais, conexión dos equipos a rede e monitorización dos consumos a través internet. Instalación de paneles informativos en los centros.

f)     Deseño dunha base de datos das 100 instalacións municipais monitorizadas por todos os socios do proxecto.

g)    Revisión dos programas informáticos do Sistema SICAPDE (Sistema Informático de Captación e Procesamento de Datos Enerxéticos de Galicia, operado polo INEGA dende o ano 2004) para permitir a conexión cos equipos de medida das dependencias municipais a través de Internet.

h)   Seguimento dos consumos enerxéticos nas diferentes instalacións municipais a través de internet.

Updated 23 January 2008   by INEGA     RSS icon